A area sanitaria de Vigo, con case 100 novos positivos nun día, sitúase á cabeza no ritmo de aumento de contaxios. Os concellos de Cangas e Nigrán pasan a alerta vermella. //As catro farmacias de Barbadás son as únicas que poden, de momento, facer os test rápidos para o cribado de casos nas zonas confinadas polo colapso da páxina web na que se fan as solicitudes. Os colexios de médicos e enfermeiras rexeitan esta fórmula de realizar un cribado nas zonas máis afectadas. //Desmitificar a enfermidade e chamala polo seu nome sen reparo. É a mensaxe das pacientes no Día Mundial do Cancro de Mama. Unha doenza que afecta cada ano a unha 2.000 mulleres en Galicia. A esperanza de vida mellora ata nun 80 por cento dos casos. 19/10/20