Nos máis de setecentos colexios electorais de Galicia ultímanse os preparativos para que todo estea listo pasadomañá, domingo. Ese día case dous millóns setecentos mil galegos teremos a ocasión de decidir a composición do Parlamento. // Os partidos buscan, nas últimas horas da campaña, o voto dos indecisos. // O día das eleccións, agárdase unha xornada máis apracible no meteorolóxico que estes días atrás. Aínda que estará nubrado e podería chover algo a partir do mediodía. // Actos de sensibilización e consellos para previr o cancro de mama, unha experiencia traumática pola que pasan tres de cada mil mulleres maiores de 50 anos. // A véspera de dous partidazos. Celta e Deportivo enfróntanse mañá aos dous grandes da Liga. 19/10/12