A Coruña é unha das 21 cidades de toda España que van estrear, de xeito experimental nas eleccións municipais do domingo, un sistema que axiliza o procedemento do voto e, sobre todo, o seu reconto. Transmite automaticamente os resultados, que, ata agora, eran enviados aos centros de seguimento por teléfono ou por mensaxes de móbil // Xa está no mar o considerado coma o maior veleiro do mundo, encargado en 2008 a un estaleiro de Marín como un gran cruceiro de luxo e a crise deixouno en mans dunha entidade bancaria que lle busca comprador. Quedará fondeado en Vigo á espera de armador // Alarma social en Arteixo na Coruña polo último caso coñecido de meninxite. Piden que a Axencia Española do Medicamento, autorice a venda da vacina contra esta enfermidade en farmacias. Mentres, segue en estado moi grave unha muller de 51 anos ,que ingresou o pasado venres no complexo hospitalario a Coruña a causa desta doenza. 19/05/15