Acabáronse os medicamentos de balde. Máis de 700 mil pensionistas galegos terán que pagar o dez por cento do prezo das súas medicinas, ata un máximo de entre oito e 18 euros o mes, en función da súa renda. // O Partido Popular defende o copagamento farmacéutico como a única forma de garantir a supervivencia da sanidade pública universal e gratuíta. // Vai amainando o temporal que nas últimas horas levantou ondas de máis de oito metros no litoral de Galicia. A alerta por mar de fondo mantense ata media tarde. // Aumentan un 17 por cento as cortas de madeira no monte e a metade de elas son, por primeira vez, de eucalipto. Segundo os empresarios da madeira, a facturación do sector descendeu lixeiramente o ano pasado. // Indignación e sorpresa na Real Academia Galega pola redución dun 62% da súa partida nos orzamentos xerais do Estado. Un recorte que triplica o aplicado a outras academias. // "O mundo flúe, dúas miradas sobre unha mesma realidade¿ é unha mostra que pode verse na Coruña. Un