O expresidente de Pescanova reclama no xulgado case 700 mil euros por despido improcedente. Pescanova considera esa cantidade unha temeridade pola situación na que deixou a empresa // O xuiz do caso Asunta vai levantar o secreto do sumario este venres. Está á espera de comprobar a relación co caso da mancha de seme da camiseta de Asunta // NGB estará privatizado no prazo dun mes. O FROB abre mañá o proceso de presentación de ofertas. Catro bancos e catro fondos de investimento internacionais optan á compra // Extraballadores dunha planta de granito de Narón póñena de novo a funcionar cos cartos que lles deron polo despedimento. Din que é unha aposta arriscada pero que están seguros de que será rendible // O Deportivo suma ante o Real Mallorca a terceira vitoria consecutiva e sitúase a un só punto do líder. En terceira posición da táboa está o sorprendente Lugo, logo de vencer 0-2 á Ponferradina // Chegan ás lonxa as primeiras centolas da temporada, bos exemplares pero escasos. 18/11/13