Sanidade notifica hoxe 1.505 casos activos de covid 19 en Galicia, tras unha semana sumando máis dun cento de contaxios diarios. Hai 61 positivos no hospital, 6 deles na UCI // A pandemia apenas frea a chegada de turistas á Galicia interior, a Ribeira Sacra ou a Rías Baixas, ao contrario que en zonas como A Coruña ou Santiago, nas que os establecementos seguen medio baleiros // O comercio tamén sofre a caída do consumo. Os que saen de compras gastan menos, e as rebaixas de verán non logran compensar o descenso das vendas. No que vai de ano a caída rolda o 43 por cento. 18/08/20