Os estaleiros privados con actividade voltaron hoxe ao traballo con normalidade, logo de coñecida xa a decisiòn da Comisión Europea sobre a devoluciòn das axudas fiscais.Namentres Os sindicatos do sector instan ao Goberno a resolver este mesmo mes os requerimentos de Bruxelas sobre a devolución para que se poidan concretar con seguridade xurídica os contratos que están negociando os estaleiros. Os servizos xurídicos do goberno español estudan xa a presentación dun recurso contra a resolución europea sobre o tax lease. Anunciouno o Ministro de Industria que tamén lle pediu á Uniòn Europea apoio para un sector vital para a nosa economía e defendeu que actuou sempre conforme ao principio de seguridade xurídicaPesar na clase politica polo falecemento de Anxo Guerreiro, aos 67 anos de idade, logo de pasar uns ultimos anos enfermo. Geluco, como tamen se lle coñecia,é unha figura historica da politica galega. Como representante do partido comunista participou na comisión que redactou o