A Xunta buscará acordos coas entidades financeiras para facilitar vivenda ás familias con menos recursos. No caso de impagos hipotecarios, buscarase que as familias poidan continuar na vivenda entre 1 e 3 anos, pagando un arrendamento social dun maximo de 75 euros ao mes. Se o impago é de aluguer, empregaranse vivendas baleiras propiedade dos bancos, cun pagamento máximo de 125 euros // Músicos e cantantes de orquestras piden, cunha protesta na rua, cambios na normativa que os  obriga a tributar coma empresas e cun IVE do 21%, asi como o requisito para organizar verbenas. Din que  vai por en serias dificultades a moitas delas // O catro veces campión do mundo de Triatlón, Javier Gómez Noya, participa este sábado, no Campionato de España de Triatllón que se vai disputar en Pontevedra. 18/06/15