Hoxe é o día internacional dos museos e os de Galicia súmanse á celebración cunha xornada festiva e divulgativa. // O museo do humor de Fene. // O Goberno galego aumenta a dotación da renda de inserción social, para os máis desfavorecidos, e faina compatible co cobro por traballos menores. // Tres mulleres da comarca do Ribeiro, que estaban en paro, montan unha cooperativa para ofrecer comida caseira a domicilio, sobre todo a persoas maiores e dependentes. // Fixámonos na faceta de ensaísta de Valentín Paz Andrade. 18/05/12