O Banco Gallego tén novo dono en perspectiva. O Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, o FROB, considera que a oferta presentada polo Banco de Sabadell é a máis apropiada pra facerse coa propiedade da entidade coruñesa. Fontes bancarias calculan en 200 millóns de euros o que lle custará á entidade catalana facerse coa galega. Os afectados de preferentes que teñan menos de dez mil euros no banco terán prioridade para cobrar. É un dos criterios que aprobou o Ministerio de Economía para as arbitraxes e que consideran inxusto as plataformas de afecatdos. O Consello da Xunta deulle o visto e prace a unha nova regulación dos horarios dos empregados públicos que inclúe o teletraballo. (18/04/13)