Xa saíu do cárcere. O ex toxicómano David Reboredo foi posto en liberdade en virtude do indulto parcial que lle concedeu o Consello de Ministros o pasado venres // Os técnicos de Medio Ambiente e máis da confraría de Ribadeo analizan os bancos marisqueiros de percebe e ourizo para comprobar se foron afectados pola vertedura de máis de tres mil litros de gasóleo causado pola sabotaxe sufrida por dez camións aparcados nas proximidades // O diálogo das forzas nacionalistas para configurar en Galicia unha alternativa política é un dos principais obxectivos do novo Portavoz Nacional do BNG, Xavier Vence // A cuarta parte dos talleres de Pontevedra son ilegais. É a estimación da asociación de talleres de coches da provincia que denuncia que proliferaron moito nos dous últimos anos. 18/03/13