Salvamento Marítimo rescatou a máis de 15 mil persoas o ano pasado, case mil delas foron auxiliadas nas costas galegas. A ministra de fomento en funcións Ana Pastor anunciou hoxe, na Coruña que a tripulación do Helimer que resctou aos mariñeiros do Novo Jundiña, será proposta para recibir a medalla ao mérito civil // Os militantes de Podemos Galicia terán que decidir sobre o novo responsable de Organización, logo de que o Secretario Xeral, Breogán Riobóo o destituíra a el e a outros tres membros da dirección // Continúa a investigación da morte do cura de Vilanova dos Infantes en Celanova despois de que esta fin de semana foran detidos dous homes croatas, tío e sobriño en relación co caso. Quedaron en liberdade con cargos e terán que comparecer cada quince días nos xulgado. 18/01/16