Xusto a tempo para o Nadal. A vieira fresca galega chegará nunhas horas aos mercados tralo levantamento da veda. Uns 30 barcos de Arousa saen á captura do bivalbo, coa previsión de recoller tres mil kilos diarios. O cupo aumentará, se o mercado responde. Os pedidos, por centos, chegan de tódolos puntos de España // Comeza a votación das máis de 1.200 enmendas presentadas polos grupos da oposicion a estas contas, que prevén 8.300 millóns de euros de gasto en 2014. O PP anunciara a intencion de non aceptar esas emendas e di que son os orzamentos da recuperacion, por prever un crecemento economico do 0,8%. A oposicion pedia incrementar o gasto pola via de impostos ás rendas altas // O celta paga moi cara a inxusta expulsión de Charles en Valladolid. Acabou perdendo por 3-0 ante un rival directo na permanencia. Pese a esa circunstancia o técnico celeste non quixo por excusas e ainda que asegurou que a expulsion tivera influencia recoñeceu que o Valladolid fora superior. 17/12/13