Dende a comisaría de Madrid onde está detido, será trasladado á Coruña, para declarar polo Asasinato de Mónica Marcos. O presunto autor do crime do Birloque, escapara en avión, pero foi localizado fácilmente polo sinal do seu teléfono móvil e as cámaras do aeroporto. // Os centros de vacinación masiva están hoxe abertos, de novo, para administrar a dose a quen queira, sen citación previa. Igual que ocorrirá o domingo. Tamén durante toda a fin de semana está habilitado o sistema de autocitas // A Vicepresidenta segunda do Goberno e Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, dixo hoxe en Santiago que vai prorrogar os ERTES para as empresas que aínda non deran superado a crise. // Esta fin de semana na maioría das denominacións de orixe de Galicia,estarase xa vendimando. A de Rias Baixas espera unha boa colleita en calidade e cantidade, e ademais, con prezos históricos para a uva da variedade albariño. 17-09-2021