Manuel Fraga volve para repousar definitivamente en Galicia. Sobre as dez da mañá o cadaleito abandonaba o seu domicilio de Madrid e arestora viaxa cara Perbes. // Bandeiras con crespóns negros, libros para asinar condolencias e tres días de loito. É o dó oficial. // O ex ministro José Blanco declarará a petición propia no Tribunal Supremo o vindeiro 26 de xaneiro. // En Galicia, danse unha media de seis desafiuzamentos ao día, que a xente non o conta por vergoña. // Cada ano abandónanse en Galicia arredor de 9.000 cans e gatos. Na festividade de San Antón Abade, patrón dos animais, as protectoras chaman á conciencia social, para evitar que as mascotas que se regalan polo Nadal acaben nos refuxios, ou na rúa. 17/01/12