A Chegada da petroleira PEMEX ao accionariado do estaleiro Barreras, de Vigo, asegúralle traballo para os próximos anos. Hoxe anunciouse que a empresa mexicana construirá nas instalacións viguesas 5 buques. Ademáis tamén se podería coñecer en breve a adxudicación do flotel para a petroleira // Esta tarde remata o prazo para a presentación de ofertas de compra de NovaGalicia Banco // Se unha delas é moi superior ás restantes, xa se quedará coa entidade galega. Se hai empate, haberá poxa, antes de fin de ano, entre as tres mellores para ver cal se fai co que foran as caixas de aforros // Medio cento de camións protestan, cunha marcha lenta pola cidade de Santiago, contra a suba do imposto dos carburantes. 16/12/13