Aumenta a incidencia da Pandemia ao duplicarse o número de contaxios nos últimos dez días. Os casos activos superan os 1.300 e rexístranse nas últimas horas Dous novos falecementos, entre eles unha muller sen patoloxías previas que non estaba vacinada. // En España cada ano son abandonados uns 300.000 cans e gatos. Pontevedra ofrece xa talleres para formar no seu manexo e coidado. // Unha delegación do Partido Popular reuniuse co Comité de Alcoa para falar da situación que esta a vivir esa empresa e a crise industrial da Mariña pola que está convocada mañá unha folga xeral nos principais concellos da comarca. // Persoas con demencia de Pontevedra comezarán a usar un sistema de acompañamento intelixente que desenvolven investigadores da Universidade de Vigo. Trátase dunha tablet que ofrece noticias e ao tempo que mantén a actividade mental do usuario serve para valorar se perde capacidades cognitivas. 16-11-2021