As farmacias das zonas confinadas da provincia de Ourense poden xa facer test rápidos de coronavirus a quen o solicite. Así o decidíu o comité de expertos da Xunta, que advirte que os próximos quince días serán vitais para o control da pandemia. //Os contaxios de Covid-19 repuntan en Galicia, con 346 novos positivos confirmados. Os casos activos sitúanse en 4.680.. //Pontedeume cumpre unha semana sen poder consumir auga da traída, pola turbidez do río. A Xunta abre un expediente sancionador a Endesa, a que atribúe unha mala xestión do encoro situado augas arriba.  //Olga Novo, unha das voces más destacadas da literatura contemporánea en galego, recibe o premio nacional de poesía deste ano, pola sua obra Feliz Idade. 16/10/20