O  Rei Felipe VI inaugurou, na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar,  o curso escolar, nun acto no que estivo acompañado pola Raíña Dona Leticia  e no que tamén participaron o Presidente da Xunta e o Ministro de Educación.O Monarca pediu  aumentar a calidade do ensino  coma pasaporte para o progreso e lamentou a gran porcentaxe de abandono escolar.  Hoxe será soterrada a menor de 14 anos que morreu electrocutada ao tocar un farol en Santiago. Mentres, segue a investigación e a conmoción entre os familiares e veciños do barrio, que non se explican como puido suceder. O alcalde compostelán anunciou hoxe que se revisarán todos os farois da cidade e insiste en que o que provocou a descarga mortal  cumpría a normativa.  A Garda Civil segue á busca dos autores do asalto á casa reitoral preto de Padrón   no que morreu unha muller que traballaba como asistenta do cura. O párroco, que tamén resultou ferido no ataque, xa recibiu a alta pero de momento non quere volver a que era a súa casa.  O