Visitas á capela ardente da empresaria e accionista de Inditex Rosalia Mera, na Coruña, entre elas a do seu exmarido Amacio Ortega. Faleceu onte, aos 69 anos, vítima un derrame cerebral.As universidades galegas quedan fóra da clasificación das 500 mellores do mundo. A única que estaba, a de Vigo, caeu da lista neste 2013. O bo tempo e as festas favorecen a ocupación hoteleira na costa, que ronda o 90 %. No inerior non chega ao 50%.Vilagarcía celebra a FESTA DA AUGA, con 30.000 persoas mollándose por vontade propia. Un incendio continua activo en Lousame,na Coruña, dende as dúas da madrugada.Levan ardido máis de 20 hectáreas. (16/08/13)