Marca histórica de peregrinos en Santiago. No que vai de mes obtiveron a Compostela, o certificado de ter feito o Camiño, máis de vinte mil persoas. Esta cifra supera á do mesmo período do mes de xullo e mesmo á rexistrada en agosto en algún ano xacobeo. // En Vigo, Santiago, Betanzos, Vilagarcía e en moitas máis localidades celébrase hoxe o San Roque, un dos santos de máis tradición en Galicia. Na vila de Arousa, ademais, fan a festa mollándose. // Pasan a disposición xudicial os catro detidos en Galicia na operación 'Espartana', na que se interceptou un alixo de tres toneladas de cocaína que ía ser descargado na Costa da Morte. // Nova tenda para a promoción conxunta da artesanía galega e a arte rupestre no museo arqueolóxico de Campo Lameiro. 16/08/12