Novagalicia Banco non vai recorrer a sentenza que lle obriga a devolver os cartos a un cliente ao que lle venderon participacións preferentes sen avisalo dos riscos deste produto financeiro. // O alcalde independente dos Blancos solicita á Xunta que asuma os servizos básicos que presta o municipio porque o concello non ten cartos para custealos. // Máis de mil quilos de pólvora para iluminar a noite na ría de Vigo. É o xa tradicional espectáculo pirotécnico das festas de Bouzas, que seguiron esta noite pasada decenas de milleiros de persoas na vila mariñeira. (16/07/12)