En menos de dúas semanas, o  histórico narcotraficante Sito Miñanco sairá do cárcere. Un xuiz da Audiencia Nacional deulle permiso para traballar na construcción. Unha actividade que lle permitirá abandonar, de luns a venres a prisión.  Só terá que ir  a  ela  para durmir e tamén nas fins de semana e tén prohibido pisar Galicia.    A Xunta autoriza convocar 344 prazas para o servizo galego de saúde, de persoal facultativo e enfermaria.Tamen 5 millons de euros para compra de  material de hemodinamica.  O goberno galego acordou tamén que os permisos de caza e pesca de Galicia sexan comúns con  outras 6 comunidades, entre elas Asturias e Castela-León.  A dous días da entrada en funcionamento dos trens rápidos do eixo atántico  xa se venderon máis de 2.000 billetes para ese novo servizo. Renfe vai aumentar un corenta por cento as prazas nos trens que circulan entre A Coruña e Vigo. (16/04/15)