A aparición de grandes fendas fendas no lateral dun edificio da zona histórica de Ferrol obrigou a desaloxar a 7 familias deste inmoble e doutros 3 lindeiros logo de que as intensas choivs agravaran o seu estado de deterioro // O Consello da Xunta aprobou hoxe o regulamento que desenvolve a lei de augas e que clarifica asuntos coma os caudais ecolóxicos dos ríos, ou a limpeza das canles. Tamén estudou un informe segundo o que a administración galega pagou as súas facturas o ano pasado, aos 30 días e adxudicou as obras de ampliación do hospital de Ourense por valor de 41 millóns de euros, para que estean rematadas no 2016 // A Policía Nacional detivo en Mos, preto de Vigo, a 2 gardas civís e outras 5 persoas por un presunto delito de tráfico de drogas. A operación está dirixida polo xulgado de instrucción múmero 3 de Vigo, que decretou o segredo do sumario. 16/01/14