O Goberno trata de evitar os drásticos recortes que quere introducir a Comisión Europea nas capturas da flota española en especies coma a pescada ibérica, o peixe sapo e o rapante // Unha reducción que, no caso da pescada chega ao 60 por cento e que é considerada inadminisible por administración e armadores // O goberno galego solicitará a Unión Europea 100 millóns de euros para proxectos de cooperación transfonteiriza con Portugal.Unha cantidade semellante a que xa se investiu este ano na eurorexión Galicia Norte de Portugal // O secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, declarou hoxe na Audiencia Nacional coma testemuña, dentro da investigación aberta a raiz da detención dos integrantes de Causa Galiza pola súa presunta relación co grupo terrorista Resistencia Galega. No Bloque apóñenlle a esta citación intencionalidade política, por producirse en plena campaña electoral. 15/12/15