Ata quince persoas poderán compatir mesa nas terrazas e oito no interior dos locais de hostalaría. É a nova normativa da Xunta que entrará en vigor o sábado. Tamén elimina a limitación de reunións nocturnas só a conviventes. Logo de recibir o aval do Tribunal Supremo para a esixencia Certificado Covid, Feijóo di que estuda agora cómo aplicalo. // O Sergas permitirá, a partir de mañá, que se podan solicitar citas presenciais para os servizos de Atención primaria. O obxetivo é que os centros de saúde recuperen ata un 60 por cento de atención en persoa. // O grupo Inditex logra entre maio e xullo cifras históricas de vendas e beneficios. A facturación ronda os 7.000 millóns de euros, case o dobre có ano pasado nese mesmo periodo. // De novo con máscara e gardando distancia, así foi a volta a clase para o ensino secundario, que se produce cando gran parte dos alumnos teñen xa a pauta da vacinación completa. 15-09-2021