A incidencia aumenta en tódalas areas sanitarias, con máis de mil contaxios detectados nas últimas horas. Ourense duplica a media de Galicia, con 368 casos por 100.000 habitantes. Moitos establecementos plantexanse volver ao peche. // Sete concellos pasan mañá pola noite ao nivel alto de restricións. O que máis preocupa ás autoridades sanitarias é o de Ourense. É a cidade coa incidencia máis alta e o incremento dos contaxios entre a mocidade xa se está a notar na presión hospitalaria. // O consello da Xunta aprobou hoxe un plan para restaurar e conservar as catedrais galegas cun investimento de 38 millóns de euros ata o ano 2027. // A explanada central da Cidade da Cultura de Santiago acolle Os Atardeceres no Gaiás. COLAS Unha cita coa música en directo, con sesións como a que hoxe propón Recicled J. Así e como é coñecido este artista de 28 anos orixinario do barrio madrileño de Carabanchel. 15-07-2021