Aumenta a preocupación pola presencia de bandas xuvenís nos centros de ensino e na sua contorna. As peticións de información e formación a este respecto pasaron de ningunha a 33 en só un trimestre // Galicia vai reclamar, na reunion do Consello de Política Fiscal e Financiera desta tarde, unha compensación por ter sido unha das tres únicas comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit durante o ano pasado. Un cumplimento polo que xa recibira 150 millóns de euros, ao telo acadado no exercicio anterior // O Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, mantivo un encontro co Lehendakari Íñigo Urkullo co que analizou a necesidade de acordos para acadar estabilidade. Ademáis anunciaron contactos para colaborar en sectores como a pesca ou a industria alimentaria. 15/04/16