Valoracións en Galicia aos orzamentos do estado que reducen o investimento na comunidade nun 19% con respecto ao ano pasado, ata os 757 millóns // Arranca en Madrid a que pode ser a última reunión entre Alcoa e os representantes dos traballadores antes da aplicación dos plans da empresa de pechar as fábricas // Acordo sobre emprego público, que prevé convocar mais de 4.300 prazas entre este ano e o que vén // A Xunta vai activar un teléfono de chamadas anónimas para denunciar aos incendiarios, despois de que se rexistrasen 90 incendios nestes primeiros días de xaneiro // Loteiro fuxido en Lugo, que deixou de pagar 92.000 euros de premios da lotaría do Nadal // 1.300 estudantes de catro institutos falarán sempre en galego durante 21 días dentro dun programa que busca que adoiten ese hábito. 15/01/19