Tomaron posesión dos seus cargos os dez conselleiros que forman parte da Xunta, nomedos polo Presidente Núñez Feijóo, logo da victoria nas eleccións de setembro. Son os mesmos que xa formaban parte do anterior goberno da comunidade. Entre eles, hai tres que levan con Feijóo dende o seu primeiro executivo e tamén os nomeados na última remodelaciòn de hai un ano. A crise interna do PSOE dividiu o grupo da deputación de Ourense en dous bandos. O novo portavoz é o exalcalde de Piñor mentres o seu antecesor no cargo , o alcalde de Ribadavia dí que non pensa acatar a decisión dos seus compañeiros ata que non se pronuncie toda a executiva provincial. E unha das enfermidades que vai en aumento en todo o mundo. A diabetes que se considera a pandemia silenciosa do século 21 porque durante anos os enfermos poden convivir con ela sen ter ningún síntoma. (14/11/16)