O fiscal de medio ambiente estuda recorrer a sentenza que absolbe aos 3 acusados de provocar a marea negra do Prestige. Nunca Máis prepara accións reivindicativas. Zonas afectadas hai 11 anos polo fue din que a sentenza é cativa e que chega tarde // A Xunta aproba unha nova lei de concentracion parcelaria, que simplifica os tramites para concentrar terras e favorece as iniciativas privadas para o agrupalmento de parcelas // Declara ante o xuiz Alvaro Miguel dos Santos, un dos secuestradores do médico portugués, ao que liberaron hai unha semana.Continúa a busca do outro secuestrador // EU expulsará a Carmen Iglesias se non renuncia ao escano que lle corresponde pola renuncia do anterior na lista por Ourense // O ex xogador do Celta Fernando Cáceres recibe unha emotiva homenaxe en Zaragoza, equipo no que tamén militara antes de ser vitima dun atentado, que o deixou postrado nunha cadeira de rodas. Os cartos da recadacion serán pra pagar o seu tratamento de recuperación. 14/11/13