Teresa Romero, a auxiliar de enfermeiría galega infectada de évola, experimenta unha lixeira melloría, segundo o equipo médico que a atende no Hospital Carlos Tercero de Madrid. Unha situación que invita ao optimismo, ao cumprírense os 15 días dende o inicio da doenza, prazo a partir do que a recuperación destes enfermos se presenta coma posible // A área sanitaria de Santiago estrea un laboratorio robotizado para as analíticas, que permitirá adiantar os diagnósticos das doenzas, e facelas con maior seguridade. Vai recibir ao día 2.300 mostras para analizar // As 20 empresas máis exportadoras de Galicia, exemplo para toda a patronal. Eso é o que quere a Xunta, para que a nosa economía dependa menos do mercado interior. O obxectivo é que as exportacións supoñan no ano 2020 o 40% da riqueza do pais. 14/10/14