As máis de tres mil bateas de mexillón nas nosas rías están sen actividade debido ao episodio de marea vermella detectado nas augas // Moitos dos polígonos están afectados xa dende a semana pasada pero outros foron pechados de xeito cautelar ante o temor de que o vento do sur provoque un aumento das toxinas na auga e acabe afectándolle ao molusco // As tendas de electrodomésticos San Luis volven abrir as súas portas en Galicia, logo de que o antigo dono e fundador chegara a un acordo coa multinacional francesa Darty, a quen llas vendera hai 7 anos, para recuperar de novo a marca comercial // As victorias de Lugo e Depor asentan aos dous equipos galegos na zona alta da taboa clasificatoria da Segunda División. O sorprendente Lugo derrotou ó Cordoba no Anxo Carro, onde se mostra case imbatible. En cambio, o Deportivo é fora onde está máis forte leva un rexistro de record. Onte derrotou 0-1 ó filial do Barcerlona. 14/10/13