Os casos activos continúan a sua liña descendente, hoxe sitúanse nun total de 3.249, e son 75 os novos contaxios detectados, a cifra máis baixa dende o comenzo do verán.Baixa a presión hospitalaria, Nas últimas horas notificáronse 4 falecementos que elevan a 2.608 o total de vitimas mortais da pandemia. // A hostalaría comeza a ver a luz ó final do túnel e confía en recuperar pronto a normalidade. Así o aseguran os representantes do sector de todas as comunidades do norte de España, reunidos hoxe na Coruña. // A pesca do atún segue crecendo. As capturas mundiais das principais especies achéganse aos seis millóns de toneladas anuais. Fornecer o mercado á vez que se preservan os stocks é un reto da frota e as industrias conserveiras reunidas en Vigo na décima Conferencia Mundial do atún. // Nomadismo urbano, é título da colección outono inverno coa que o deseñador galego, Roberto Verino, abriu a semana da moda de Madrid. 14-09-2021