Afectados polas participacións preferentes depositáronas hoxe en bolsas de lixo na oficina de Novagalicia Banco en Vigo // Sucedeu no mesmo día no que Xunta e Poder Xudicial chegaron a un acordo para reforzar os xulgados de Vigo e A Coruña para atender aos moitos afectados que se prevé recurran á via xudicial para que lles devolvan os cartos, ante o remate dos procesos de arbitraxe // Constituída, no novo concello de Oza-Cesuras, a Comisión xestora encargada de gobernalo ata as próximas eleccións municipais. Tamén foi elexido o seu Presidente, Pablo González, o ata agora alcalde de Oza // Entre os veciños que asistiron ao acto, algúns protestaron contra a fusión // A Semana Verde de Silleda , coas razas autóctonas e as últimas novedades na industria alimentaria, é unha das ofertas de actividade para unha fin de semana na que Lugo será outro dos puntos de atención, coa celebración do Arde Lucus, festa na que a cidade recupera o seu pasado romano. 14/06/13