O Parlamento Galego vai volver estudar o proceso de fusión das Caixas de Aforro, a súa posterior nacionalización e a venda da entidade que agora é Abanca. O Pleno desta mañá decidiu reabrir a comisión de investigación, paralizada hai tres anos // O alcalde de Ourense considera precipitadas as declaracions do ministro de fomento quen dixera que a variante para a entrada do AVE na cidade implicaria gastar 600 millons de euros para acurtar a viaxe en só 4 minutos // Xulgan en Lugo a dúas mestras do colexio público de Ribadeo por presuntamente pagar con cartos do centro 139 euros en productos dunha panadería para o consumo particular delas. 13/12/16