A caixa negra do tren que descarrilou o pasado venres no Porriño, causando 4 mortos e 48 feridos, revela que o convoi ía a unha velocidade excesiva cando sucedeu o accidente. Circulaba a 118 km/h, cando tiña que ter reducido a 30 km/h, xa que fora desviado a unha vía secundaria por mor de obras na principal // O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha modificación da orde de axudas destinadas a paliar os danos dos xabaríns. Esta modificación contempla agora como beneficiarios non só aos agricultores censados no rexistro de actividades agrarias, senón tamén aos propietarios de fincas destinadas ao autoconsumo // A chuvia caída nas últimas horas axudou no control dunha decea de lumes declarados onte na provincia de Ourense. Arestora non hai ningún activo, seis quedaron controlados e outros tres xa foron extinguidos en Sandiás, Xunqueira de Ambía e Manzaneda. 13/09/16