O Banco de alimentos de Vigo é un dos máis antigos de España. Os seus responsables amosaron a satisfacción pola concesión do Premio Príncipe de Asturias da concordia 2012 á Federación que os agrupa. Coa crise duplicouse a demanda de axuda alimentaria aos máis necesitados // O Consello da Xunta destina máis de dez millóns de euros á promoción publicitaria da furgoneta eléctrica que fabrica a planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo. Tamén aprobou o cesamento de altos cargos que se van presentar ás eleccións // Comenza na Audiencia Nacional o xuízo contra once galegos acusados do secuestro e asesinato do mozo arousán Fernando Caldas, no verán de 2004. A Fiscalía sosten que eran membros dunha rede de narcotraficantes, e temían que a conducta ostentosa da vítima os delatase. 13/09/12