Queixas na hostalería, resignación nos fumadores e apoio xeral dos expertos no Primeiro día que entra en vigor a prohibición de fumar ao aire libre, incluídas as terrazas, cando non se garanta distancia de seguridade. Outras comunidades estudan implantar medidas similares // Os casos activos rexistran un aumento de 111 máis nas últimas 24 horas. O total chega a 938. Os falecidos soben a 623 trala morte dun home de 90 anos en Ourense. Hai trece positivos relacionados cun gromo nun campamento de verán en Cerdido. Os pacientes hospitalizados ascenden a 40 e sigue u na Uci // A dirección de Alcoa e o comité pactan ampliar o período de consultas mentres se negocia a venda da Planta de Aluminio ao Grupo Liberty House, coas cubas electrolíticas en funcionamento. O acordo, coa mediación da Xunta, afasta a ameaza de peche e o despedimento de traballadores na factoría. 13/08/20