Día hoxe de comprobar os danos e destrozos causados na pasarela de madeira que se derrubou a medianoite pasada, no Porto de ¨Vigo, cando se celebraba un dos concertos de clausura do festival O Marisquiño.  332 persoas foron atendidas en hospitais e centros de sauide tras o afundimento da plataforma.  A policía e o xulgado investigan as causas do accidente e as posibles responsabilidades. (13/08/18)