As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. O Partido Popular pide crear unha comisión para ver a forma de evitar posibles indemnizacións ao promotor, que poderían chegar aos 30 millóns de euros. Mentres, a Alcaldesa, do Partido Socialista, propón agardar ata que haxa unha resolución xudicial, antes de tomar medidas // Primeiro adestramento do Celta, logo de anunciar a fichaxe do sueco Jhon Guidetti, un dianteiro de 23 anos, que ficha por 5 anos. Entre os que se incorporaron ás ordes de Berizzo figura o danés Dani Wass, outra recente fichaxe do clube. 13/07/15