Preacordo para a regulación de emprego en Novagalicia Banco. A entidade e tres sindicatos, CC.OO., UGT e Csica, que xuntos son maioría no comité, están conformes en rebaixar os despedimentos a 1.850. // Traballadores do sector naval de Ferrol levan ata as portas do Parlamento galego a súa reclamación de carga de traballo para os estaleiros e dun dique flotante de reparacións que garanta a continuidade da actividade en Navantia. // Alberto Núñez Feijóo anuncia que vai publicar os datos da súa renda e patrimonio desde antes de ser presidente da Xunta. // Unha comisión do Parlamento europeo comproba hoxe o nivel de contaminación das rías de Ferrol e O Burgo, na Coruña. // As rutas do viño de Galicia, na palma da man. Turgalicia presenta unha aplicación gratuita para teléfonos móbiles para promocionar o enoturismo. 13/02/13