Un novo temporal no mar deixa boa parte da costa en alerta laranxa. As ondas superan os cinco metros // O comisario de Santiago ratifica que a testemuña que dixo ver a Asunta soa na rúa na tarde do crime finalmente afirmou que non era ela // A Xunta está pendente de pechar a data para implantar o novo copagamento sanitario, que afecta aos medicamentos dispensados nos hospitais // Unha transexual viguesa reclama nos xulgados que a Xunta cumpra a sentenza que a obriga a pagarlle a cirurxía de cambio de sexo // O Celta reinvidícase tras vencer ao Valencia. O Deportivo remata a primeira volta como campión de inverno de segunda e o Lugo suma sete xornadas seguidas sen gañar // As pallozas dos Ancares poden desaparecer afectadas polos últimos temporais e a suspensión das axudas ao seu mantemento. 13/01/14