Rexistro no chalet pontevedrés de Oia onde tiña a súa sede a organización "Orden y Mandato e San Miguel Arcángel". Estivo presente o fundador e líder do grupo, Miguel Rosendo Dasilva, detido baixo a acusación de asociación ilícita. Tamén está detida a súa principal colaboradora, a moañesa, Marta Paz // Ingresou no cárcere o mozo de Tui, de 29 anos, acusado de tentar asasinar a súa exparella. A policía local do Porriño detívoo, armado preto da casa da súa exmoza. Foi a nai do detido o que alertou á vítima de que o seu fillo pensaba matala e logo suicidarse // Folga na factoría coruñesa de Alcoa afectada por un expediente de despido colectivo. A fábrica na que traballan  400 persoas funciona hoxe cos servizos mínimos sen que se rexistren incidentes. 12/12/14