Declara por videoconferencia o home ao que se atribúe a mancha de seme que apareceu na camiseta de Asunta Basterra. Os pais da pequena, acusados do asasinato, pediron personarse contra el // O Presidente da Xunta desmentiu hoxe tallantemente os plans de privatización da sanidade que lle apoñen os convocantes da folga dos días pasados // Foi na rolda de prensa posterior a un Consello que convocou 47 novas prazas de reforzo da inspección fiscal // Segue activo, aínda que estabilizado, o lume que leva arrasadas 300 hectáreas no parque natural do Xurés. Mentres apagaban un conato no camping de Aldán, en Pontevedra, atoparon o cadáver calcinado dun home. Sospeitan que foi el quen provocou o lume, cun cigarro. 12/12/13