Atención centrada hoxe no deputado de Alternativa Galega de Esquerda David Fernandez Calviño, que vive en Dinamarca. Pensaba renunciar ao escano, pero a seguinte persoa na lista, a de AGE por Ourense,debe deixarlle o sitio á numero 3, segundo lle pide a formacion politica. Ela, Carmen Iglesias négase a cederllo. A policia detivo en Santiago a un home acusado de intentar asasinar á xuiza que o enviou a prisión por querer el matar a sua exparella. Unha vez que saíu do carcere puxo un anuncio nun xornal para contratar un sicario que matase á maxistrada. O socialista Ceferino Díaz recibe a titulo postumo a medalla de Ouro de Galicia. Recolleuna a súa filla, nun acto no que todos destacaron a entrega e xenerosidade de Ceferino con Galicia, que finou hai un ano vitima dunha longa enfermidade.Novembro é un mes de cine en Galicia. O iníciase o festival de Ourense, no que se proxectarán máis de 40 películas, case a metade galegas. É a edición con máis presenza de cine feito aquí. E en Santia