Contra os desafiuzamentos: Asociacións de xuíces e usuarios piden cambios na lei de Execución Hipotecaria. // Coa declaración do capitán Apostolos Mangouras retómase mañá na Coruña o xuízo do Prestige. Nas próximas tres semanas, os protagonistas da vista serán os imputados. // As empresas galegas reducen o atraso tecnolóxico con respecto as do resto do estado. A práctica totalidade das de máis dez traballadores e tres de cada catro microempresas xa dispoñen de conexión a internet. // O prezo da centola, en mínimos históricos. Estase vendendo en loxa a oito euros, case tres veces menos que o ano pasado por estas datas. // Celta e Deportivo tratan de esquecer unha xornada na que a piques estiveron de regresar coa vitoria e na que sen embargo foron derrotados tras unha controvertida actuación arbitral. // Picasso en Pontevedra: O Café Moderno acolle parte da obra gráfica do pintor malagueño. (12/11/12)