O paso da volta ciclista a España  por Galicia está a ter unha importante repercusion económica, sobre todo na  hostalaría. En Santiago, onde o domingo finaliza a ronda ciclista, practicamente non hai prazas hoteleiras dispoñibles.    A Xunta vai por en marcha un  programa de apoio á investigación nas universidades galegas, dotado con catro millóns de euros. Anunciouno o Presidente, Núñez Feijóo en Vigo, durante o acto inaugural do curso universitario.   Os prezos  subiron lixeiramente  no pasado mes de agosto en Galicia. Concretamente dúas décimas, respecto a xullo, un incremento igual ao da media de España.  Respecto aos do ano pasado ,baixaron catro décimas e, no que vai de ano, tamén se abarataron: concretamente  o UN CON DOUS por cento. Encarecéronse lixeiramente os hoteis e restaurantes, a cultura e a vivenda. (12/09/14)