Galicia líbra, así, da vaga de calor que percorrerá toda a península estes días. O aire do atlántico frea as ondas cálidas procedentes de África. // As residencias de anciáns galegas ven acertada a recomendación de facerlles probas semanais aos traballadores destes centros, se se negan a vacinarse, tal como aprobou o Consello Interterritorial de Saúde. Consideran que o máis acertado sería facer esa vacinación obrigatoria, // Os creadores de contidos para Internet, os coñecidos influencers, son seguidos por millóns de persoas.  A Comisión Nacional da Competencia pide unha normativa para regular a sua actividade, xa que son cada vez máis demandados por empresas para publicitar os seus productos, tamén en Galicia.// As Festas da Peregrina de Pontevedra acollerán esta noite a actuacion de Santiago Auserón, tamén coñecido como Juan Perro. 12-08-2021