A deputada por Lugo Olga Iglesias exerce por primeira vez na historia o voto a distancia nunha sesión do Congreso dos deputados desde o concello de Triacastela, onde tamén é alcaldesa. // Enrique López Veiga, novo senador por designación autonómica. // Protestas contra o rescate europeo á banca española. Os deputados do BNG concentráronse no Parlamento. Os sindicatos convocan mobilizacións. // Os acredores do estaleiro Barreras, de Vigo, aceptan cobrar só o vinte por cento do que lles adebeda esta industria. // O Batallón de Zapadores da Brilat volve bater marcas no concurso de patrullas Tui Santiago. // A pesca artesanal emprega en Galicia a unhas 30 mil persoas. (12/06/12)